Tenda de alimentación ecolóxica e de proximidade
O Mercado da Terra bota a andar ca ilusión de ofrecer unha alternativa de consumo responsable.
Produtos de proximidade, respectuosos cas produtoras, cas consumidoras e o medio ambiente. Estamos comprometidas co futuro da nosa comarca.
Contamos con produtos ecolóxicos (de alimentación e cosmética), conservas sustentables, cárnicos de animais que viven en liberdade e produtos de hixiene do fogar, entre outros. Ofrecemos solucións para clientas con necesidades alimenticias e dermatolóxicas especiais.