Sorteo cesta de produtos

Dende o venres 9 de abril e ata o vindeiro sábado día 24, incluído, no Mercado da Terra sorteamos esta cesta con produtos de Bubela Artesá, mel Das nosas abellas, conservas Pan do Mar ou marmelada de Carabuñas, entre outros. Para participar, é necesario facer unha compra na tenda e facilitar un nome e número de teléfono.

O sorteo resolverase a través das redes sociais, en directo, na semana do 26 de abril.

BASES LEGAIS

1.- EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN

A empresa MERCADO DA TERRA S. COOP. GALEGA con domicilio en C/ NICARAGUA 10, 15404 FERROL (A CORUÑA) e número identificativo  F70581814 organiza con fins promocionais o sorteo (en diante, “a Promoción”) de ámbito nacional exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de 18 anos de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

O Sorteo iniciarase o día 9 de abril de 2021 e finalizará o 24 de abril de 2021 (incluído).

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

Os requisitos de participación serán os seguintes:

Poderán participar aquelas persoas que fagan unha compra no Mercado da Terra entre as datas de inicio e finalización desta promoción. 

4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS

O premio é unha cesta de produtos do Mercado da Terra de marcas como Bubela Artesá, Mel Das nosas abellas, conservas Pan do Mar ou Carabuñas, entre outras. A resolución do sorteo será a semana do 26 de abril. Escollerase ao gañador ou gañadora en directo e a través da páxina de Facebook ou o perfil de Instagram da marca.

5.- LIMITACIÓNS

Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción, perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Promoción.

Non poderán participar na Promoción as seguintes persoas: (i) Os traballadores por conta allea empregados en calquera das sociedades e outras entidades con personalidade xurídica vinculadas ao MERCADO DA TERRA.(ii) As persoas físicas que participen directa ou indirectamente no capital de MERCADO DA TERRA. (iii) Calquera outra persoa física que participase directa ou indirectamente na organización deste Concurso ou estea involucrado directa ou indirectamente na súa preparación ou desenvolvemento (axencia, provedores, etc.).

MERCADO DA TERRA resérvase o dereito, se concorre xusta causa e previa comunicación en legal forma, de efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta Promoción.

6.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non  limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente Promoción, así como tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio que obteña desta Promoción, e non asume responsabilidade algunha por ningún dano ou prexuízo de calquera tipo que puideren sufrir os Participantes, gañador ou terceiros.

Non asumimos a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización da Promoción ou o goce total ou parcial do premio. No caso de que esta Promoción non puidese realizarse, ben por fraudes detectadas na mesma, erros técnicos, ou calquera outro motivo que non estea baixo o control de MERCADO DA TERRA e que afecte ao normal desenvolvemento do Concurso, reservámonos o dereito para cancelar, modificar, ou suspender a mesma.

7.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

A empresa responsable do tratamento dos seus datos é MERCADO DA TERRA S. COOP. GALEGA con domicilio en C/ NICARAGUA 10, 15404 FERROL (A CORUÑA) e número identificativo  F70581814. Teléfono: 981059432, e-Mail: mercadodaterra2019@gmail.com.

MERCADO DA TERRA tómase moi en serio a protección da súa privacidade e dos teus datos persoais. Por tanto, a túa información persoal consérvase de forma segura e trátase co máximo coidado.

De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, e concretamente no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, cada Participante, coa aceptación destas Bases Legais consente que os datos persoais facilitados para a participación neste concurso sexan incorporados a un ficheiro titularidade de MERCADO DA TERRA para tramitar a participación no concurso e para comunicarlle o premio no caso de que resultase Gañador.

Finalizada a promoción, estes datos serán destruídos. 

Os Participantes garanten que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicar a MERCADO DA TERRA, calquera modificación dos mesmos. MERCADO DA TERRA resérvase o dereito para excluír da presente promoción a todo Participante que facilitase datos falsos. 

Os Participantes teñen dereito a (i) acceder aos seus datos persoais, así como a (ii) solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión, (iii) solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, (iv) opoñerse ao tratamento dos seus datos e (v) solicitar a súa portabilidade. Os Participantes poden exercer todos estes dereitos na seguinte dirección de email mercadodaterra2019@gmail.com indicando, o motivo da súa petición.

Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou acción xudicial, o Participante terá dereito a presentar unha reclamación ante unha Autoridade de Control, en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar da suposta infracción, no caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non é adecuado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o exercicio dos seus dereitos.

A Autoridade de Control ante a que se presentou a reclamación informará ao reclamante sobre o curso e o resultado da reclamación. 

8.- CAMBIOS

Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Promoción.

9.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Ferrol.