PATACA: UN VALOR CULTURAL, UN VALOR NUTRICIONAL

A pataca polo seu sabor, aplicacións culinarias e presenza canónica na cociña tradicional resulta unha das nosas solanáceas favoritas. A súa introducción en Europa, provinte das américas data do século XVII. A súa popularización e selección resultou nas patacas modernas que coñecemos hoxe.

Entre os diferentes sabores que pode apreciarse nas patacas, atopamos o umami: O quinto sabor, definido polos xaponeses, cuxa traducción literal é «saboroso», constitúe un dos que más nos agrada. De aí o éxito da pataca e do seu primo o tomate, sabor polo que ambos destacan.

O perfil nutricional das patacas pode variar dependendo da variedade e condicións de cultivo. Podemos establecer algunhas xeneralidades. Destaca o seu contido en carbohidratos, sen dúbida, sendo unha das principais fontes destes en moitas dietas. Son unha das guarnicións por excelencia en moitos platos. Por outra banda non se poden despreciar as cantidades de proteína, que poden chegar a un 10% dos macronutrintes que ademáis é completa, comparable co da soia ou o leite. Entres as vitaminas destaca a Vitamina C. Tamén é significativo o seu aporte de fibra.

Para aproveitar todo o seu valor nutricional é recomendable comelas con pel en preparacións que así o permitan. A pel aporta lixeiramente maiores contidos de proteínas e vitamina C, a carne ten máis cantidade de almidón. Iso sí, é recomendable para isto revisar a calidade das patacas xa que é na pel onde se poden acumular tóxicos ou existir presencia de patóxenos. É mellor comer a pel de patacas provintes de agricultura ecolóxica ou de terreos e agricultuores que coñecemos e podemos coñecer as súas metodoloxías.

O cultivo da pataca

O seu cultivo é relativamente sinxelo e productivo. Ideal para iniciarse coma agricultor. Aquí na Galiza destaca a Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia que fai referencia, entre outros criterios de calidade, á variedade Kennebec ou Canabé e destaca a súa producción na comarca da Limia. Na nosa comarca tamén ten sona a pataca de Cobas, da variedade Baraka, que tradicionalmente se estercaba con algas mariñas (o golfo), as cales complementan as necesidades nutricionais das solanáceas e lles dan un sabor característico.

Cabe destacar que pese a súa fama, estas variedades corresponden a cultivos modernos importados. Das variedades de orixe galego podemos destacar a Fina de Carballo, a cal se intenta recuperar.