

Os produtos de cosmética natural de Naturavia son os ideais para sentir a forza da terra na pel. Realizados baixo certificación ecolóxica e a partir de ingredientes naturais aos que non se lle engaden colorantes, derivados do petróleo ou perfumes artificiais.
Naturavia ofrece unha ampla gama de cosmética; desde limpadores, tónicos, cremas e aceites faciais a bálsamos labiais ou contorno de ollos.
Son producidos con ingredientes como aceites de oliva ou de rosa mosqueta, almendras ou sésamo, así como extractos de plantas e aceites esenciais dos bosques do interior de Galicia.