Cosmética Muuhlloa

Muuhlloa, unha empresa creada na comarca da Ulloa luguesa por cinco mulleres que cren na viabilidade do rural galego, aposta por unha cosmética 100% autóctona e ecolóxica que conta co factor diferencial de introducir o uso do leite de vaca entre os seus ingredientes principais. 

As cremas faciais, os leites corporais e as locións capilares de Muuhlloa prodúcense cunha base elaborada a partir de produtos e extractos das terras e dos mares de Galicia. Estes confírenlle unhas características especiais aos artigos do selo Muuhlloa que nutren á pel de estupendas propiedades rexeneradoras, antioxidantes e reparadoras. 

Marca
Muuhlloa
Orixe
Monterroso