

O atún en aceite de oliva virxe extra de Pan do Mar é unha conserva de peixe que se pesca de xeito sostible e controlado: pesca con cana.
Sempre empregando métodos artesanais e recomendados por diferentes asociacións defensoras do medio ambiente e organismos oficiais, a pesca con cana garante un produto de primeirísima calidade, axustado ás medidas permitidas e cunha frescura óptima, moi diferente a aqueles atúns obtidos coa utilización de redes.
Ademais, con este respecto escrupuloso ao tamaño recomendado das capturas axúdase á continuidade das xeracións futuras desta especie. A súa elaboración é totalmente artesanal e utilizando ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica. Non contén glute.