Aldea de Barrio chourizo

A mellor opción para quen busca un auténtico chourizo de aldea é o que produce Aldea de Barrio. Unha produción 100% artesanal. Para a súa elaboración emprégase a tripa natural, e carne de porco de calidade excepcional (base de magro e panceta). 

O proceso de atado é manual e a curación moi lenta, que vai dos 40 aos 50 días. O afumado definitivo, con fume de leña de carballo, apórtalle un sabor final senlleiro e que fai facilmente recoñecible o chourizo deste produtor de Sobrado dos Monxes que aposta pola cría dos porcos en liberdade.

Marca
Aldea de Barrio
Orixe
Sobrado dos Monxes