

O salchichón de Aldea de Barrio responde ás esixencias dun embutido obtido de xeito totalmente artesanal e cuxa materia prima son uns porcos criados e cebados en liberdade.
Elaborado en tripa natural e con magro e panceta de primeira calidade, supera unha curación moi lenta, cun mínimo de 60 días e un máximo que pode acadar os 80, dado que se leva a cabo nun secadoiro instalado ao aire libre. O trato e alimentación destes animais, baseados no aproveitamento dos recursos naturais, é outro dos distintivos principais da casa Aldea de Barrio.