

Aldea de Barrio trae unhas salazóns totalmente naturais, xa que no seu proceso de elaboración só se emprega o sal como conservante, desbotando a opción de colorantes ou outros produtos químicos.
Este xeito de producir as salazóns está baseado en técnicas tradicionais, que inclúen o proceso de salazón e o secado posteriormente ao aire libre, o que redunda nuns produtos cun sabor inmellorable e unha calidade óptima.
A materia prima tamén é de primeirísimo nivel, dado que as carnes obtéñense duns porcos que son criados en liberdade nunha finca dunhas 12 hectáreas no concello de Sobrado dos Monxes.