Orballo especias

Orballo ofrece un amplo mostrario de especias procedentes de distintas partes do mundo. Deste xeito, podemos atopar curri, anís estrelado, xenxibre, coandro ou opcións máis próximas como allo, pemento, ourego, cravo, perexil, pementón doce ou o tomiño, todas elas elaboradas de xeito totalmente ecolóxico e co agarimo especial que lle poñen en Orballo. 

Esta selección de especias, algunhas das cales contan cun sabor moi intenso que te envolverá nunha viaxe gustativa a outros continentes como Asia, América ou África, servirache para darlle un toque diferente e especial ás túas preparacións e receitas.

Marca
Orballo
Orixe
Paderne