Froitas deshidratadas

As froitas deshidratadas ganan cada día máis adeptos e as que nos traen os nosos produtores contan cun sabor moi potente e un aroma inmellorable a froita fresca. Dátiles, pasas, arandos, figos ou plátanos son as variedades das que dispoñemos na nosa tenda, en función da temporada, e que poden servir para coroar unha ensalada, para acompañar unha salsa, para facer un batido ou simplemente para tomar un aperitivo a media mañá. 

A pesar do proceso de deshidratación, estas froitas non perden as súas propiedades e concentran os seus nutrientes, sen necesidade de engadirlle ningún tipo de aditivo ou conservante.

Marca
Varios
Orixe
Varios