Zume de Arandos Atxineta Baserría

Atxineta Baserría, un produtor vasco especializado en arandos, ofrécenos un zume cheo de sabor e totalmente natural. A materia prima é especialmente coidada e a granxa atópase nos terreos dun tradicional caserío no que xa vivían os avós dos actuais propietarios, polo que cataremos un zume elaborado a base de arandos frescos ecolóxicos que non necesita ningún tipo de engadido como conservantes, edulcorantes, colorantes ou auga. 

Ademais de gozar co seu fantástico e fresco sabor, estarémoslle axudando á nosa saúde, xa que os arandos teñen propiedades que axudan a previr a diabete e outras enfermidades grazas aos seus antioxidantes e a que aporta fibra ao noso corpo e é rico en vitamina C. Envasado en botella de cristal.