

O tofu de Zuaitzo é un alimento moi nutritivo que conta co selo regulador de agricultura ecolóxica, xa que todos os seus ingredientes son naturais e na súa produción non se empregan conservantes nin ningún tipo de produto químico.
A pesar do seu baixo contido calórico, o equilibro deste tofu fai que sacie moi rápido, polo que se converte nun alimento óptimo para unha dieta hipocalórica. Asemade, contén moitas proteínas de alto valor biolóxico e doada dixestión. A importante cantidade de lecitina presente no tofu, xunto aos seus ácidos graxos, provoca que se eliminen con maior facilidade os depósitos de colesterol, o que fai que sexa unha boa arma para previr enfermidades cardiovasculares.