Iogurte Arqueixal

O Iogurte Arqueixal ofrece a posibilidade de degustar un iogur caseiro e suave, elaborado sen colorantes nin conservantes a partir dun leite producido de xeito totalmente ecolóxico na granxa que Arqueixal ten na comarca luguesa da Ulloa. 

O Iogur Granxa Arqueixal non ten sempre a mesma textura, xa que esta cambia segundo o que vaian comendo as vacas durante o ciclo agrícola anual. Esta variedade nos iogurtes producidos por Arqueixal só é un signo e un seguro de garantía da súa procedencia e calidade. 

Se logo de gozar do iogurte retornas o envase á tenda, estarasnos axudando a preservar o medio ambiente.

Marca
Granxa Arqueixal
Orixe
Comarca da Ulloa, Palas de Rei