

O queixo de nabiza Arqueixal ten un período de maduración mínimo de medio ano, o que lle confire unha textura firme e un sabor cun toque livián de sal e unha intensidade que vén acompañada de lixeiras reminiscencias a diferentes froitos secos.
Recibe o nome de ‘nabiza’ porque se elabora precisamente na época do ano na que se colleita esta hortaliza. Recoméndase manter nun lugar fresco que non supere os 15ºC. Este queixo da Granxa Arqueixal, que pode seguir madurando durante máis tempo, conseguindo un queixo máis intenso en aroma e sabor. O queixo nabiza está integrado na Denominación de orixe Arzúa-Ulloa.