Leite Xanceda

Da Casa Grande de Xanceda chéganos un leite ecolóxico semidesnatado, pasteurizado e, sobre todo, totalmente natural. As pradarías onde pacen as súas vacas son sinónimo de saúde, xa que están libres de herbicidas, insecticidas, fertilizantes ou calquera outro produto químico. O selo de tratarse dun produto ecolóxico, cunha materia prima recén ordeñada, garante o seu delicioso sabor, xa que non leva consigo a introdución de ningún tipo de aditivo. 

Do mesmo xeito, é un leite de produción sostible, xa que nas instalacións da Casa Grande de Xanceda empregan materiais reciclables e miman as súas vacas desde os propios pastos nos que pacen, o que asegura unha alimentación axeitada.