Requeixo Restrebas-Granxa Lourán

O requeixo Restrebas é unha nova aposta da Granxa Lourán por recuperar sabores tradicionais de antano que case se perderon na actualidade. 

Restrebas é un produto lácteo de excepcional calidade e sinónimo de frescura máxima. Elaborado de xeito artesanal, é ideal para mesturar con fresas, mel ou calquera outro acompañante, aínda que a súa saborosa versión natural invita a tomalo tal e como chega directamente desde o produtor. 

A materia prima de Lourán, obtida a partir dunhas vacas criadas no fermoso val do Xestoso (Monfero), é un sinónimo de calidade.

Marca
Granxa Lourán
Orixe
Xestoso, Monfero