Lavalouzas Biobel

O lavalouzas Biobel é un eficaz lavalouzas manual que limpa, desengraxa e abrillanta todo tipo de utensilios de cociña. 

Biobel destaca pola súa suavidade para a pel e por iso coida e protexe especialmente as mans máis delicadas. Este efecto conségueo grazas a unha formulación composta por ingredientes de orixe 100% vexetal na que non entra ningunha substancia petroquímica nin de orixe animal. O fresco e delicado aroma que desprende provén do aceite esencial de limón e do seu tratamento natural. O lavalouzas Biobel é outro dos exemplos do coidado ao medio ambiente co que traballa a empresa castellonense Jabones Beltrán.

Marca
Jabones Beltrán
Orixe
Castelló