Limpafogar Biobel

O limpafogar Biobel é un potente limpador axeitado para todo tipo de superficies, desde chans, mobles de cociña e baño, azulexos, sanitarios ou baldosas ata calquera superficie lavable que haxa nun fogar.

Limpa, desinfecta e desengraxa con moita facilidade, deixando un moi agradable e duradeiro aroma a limpo grazas principalmente á súa composición a base de perfume natural de aceite esencial de citronela. 

Conta co certificado de deterxente natural expedido por Ecocert para a Unión Europea, ao igual que todos os produtos elaboradores pola marca de Castellón Jabones Beltrán.

Marca
Jabones Beltrán
Orixe
Castelló